26
Maio
Concierto Día Fuerzas Armadas 2022: V Centenario 1ª Vuelta al mundo
(26/05/2022 19:30) Auditorio de Ferrol
Con motivo do Día das Forzas Armadas rememoramos a primeira volta
ao mundo, da que se cumpren 500 anos, a través de obras musicais que
xunto ás narracións con voz en off de Estefanía Bustabad e Víctor Bouzas,
evocarannos e ilustrarán algúns dos momentos cruciais desta
apaixonante navegación que tivo como protagonistas aos mariños
Fernando de Magallanes e Juan Sebastián Elcano.
26
Maio
OS XOVES DA CAPELA: QUANT
(26/05/2022 21:00) Torrente Ballester
Quant leva moitos anos á busca da canción perfecta. O grupo, formado por Óscar Quant e Alberto Amigo, presentan ou seu novo disco "Baseado en hechos reales". Letras sinceras, guitarras distorsionadas, melodías a dúas voces, cancións menores en clave maior e a súa particular ida da música pop son as súas armas no escenario.
27
Maio
DREAMING JULIET
(27/05/2022 20:30) Teatro Jofre
Dreaming Juliet é a nova creación para público adulto do Elefante Elegante. O espectáculo inspírase na peza "Romeo e Xulieta" de W. Shakespeare para abordar a cuestión máis esencial da existencia humana: o amor. A paixón, a familia e a maternidade son os temas intrínsecos da obra e o teatro físico e visual a ferramenta da creación. A peza do dramaturgo inglés é un referente universal porque os seus protagonistas logo de amarse desenfreadamente teñen un funesto final.Dreaming Juliet pretende reflexionar sobre o futuro de Romeo e Xulieta caso non tivesen morrido.
28
Maio
GISELLE JACKSON & THE SHUS SHU´S TRIO
(28/05/2022 20:30) Teatro Jofre
Gisele Jackson (voz) acompañada de Dave Wilkinson (Guitarra), Abel Boquera ( Hammond) e Organ Caspar St. Charles (Batería)
GISELE JACKSON,
cando a moza Gisele Jackson era unha estudante de primeiro ano en Universidade de Howard, xa se atopaba sobre os escenarios de Washington D. C. coa súa primeira banda de soul clásica.
Antes de facer de Brooklyn o seu fogar, Gisele realizou unha xira como ‘ Raelette’ con Ray Charles no apoxeo da súa carreira, e a partir de entón tamén acompañou a lendas como Donna Summer ou o seu ‘padriño’ James Brown.
29
Maio
CANTAJUEGO TU PUEDES VIVA MI PLANETA
(29/05/2022 12:30) Auditorio de Ferrol
CantaJuego presenta: “Te extiendo mi mano” Vira nacional e
internacional 2020/21
Tal e como o enuncia o título do novo espectáculo, unha vez máis, o
Grupo Encanto entregará ao publico unha montaxe especial baseada na
solidariedade, a amizade, o traballo en equipo e a empatía. Cunha
esmerada selección da súa longa lista de éxitos, esta filosofía refórzase
aínda máis dada a expansión a países Latinoamericanos
incluída na longa lista de cidades que visitarán nesta edición,
tendendo así pontes culturais entre ambos os continentes.