Novas

martes, 26 de outubro de 2021

Medio centenar de persoas participaron na Xornada sobre Saúde Mental organizada polo Concello con motivo do Día Internacional das Persoas en situación de Sen Fogar

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, inaugurou esta mañá a xornada xunto co xefe de Psiquiatría da Área Sanitaria de Ferrol, Antonio Núñez. A edil incidiu na necesidade de traballar “de forma coordinada” no marco da Mesa Técnica municipal sobre Persoas Sen Teito e o Sergas co fin de “optimizar os recursos e protexer aos nosos veciños”


Medio centenar de persoas participaron na Xornada sobre Saúde Mental organizada polo Concello con motivo do Día Internacional das Persoas en situación de Sen Fogar

Medio centenar de persoas participaron esta mañá na Xornada sobre Saúde Mental que celebrou o Concello de Ferrol no Edificio Social con motivo do Día Internacional das Persoas en situación de Sen Fogar. Os inscritos seguiron a sesión de xeito telemático, vía streaming, mentres que os ponentes interviron presencialmente. 


A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, inaugurou a primeira hora a xornada xunto co xefe de Psiquiatría da Área Sanitaria de Ferrol, Antonio Núñez. A edil aproveitou para incidir na necesidade de traballar “de forma coordinada” no marco da Mesa Técnica municipal sobre Persoas Sen Teito e o Sergas co fin de “optimizar os recursos e protexer aos nosos veciños”. Participaron tamén María Isabel Vázquez Souza, psiquiatra no hospital de Oza; Marco Antonio Luengo, psicólogo director da Fundación municipal de servizos sociais de Gijón; e traballadores sociais, psicólogos e educadores sociais das entidades Dignidad, Asfedro, Albergue Pardo de Atín, Cáritas, Cruz Vermella e Provivienda. 

Martínez Montero indicou que a xornada se dedicou á saúde mental posto que “estamos no mes do Día Mundial da Saúde Mental”, que se celebrou o pasado día 10 de outubro. A vontade do goberno local que dirixe Ángel Mato é “coidar ás persoas máis vulnerables da nosa cidade desde todos os ámbitos, tamén desde a súa saúde mental”.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar